Algoritmo

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Diagrama de fluxo do algoritmo de Euclides.

Un algoritmo é un conxunto ordenado e finito de operacións sinxelas que conducen á resolución dun problema, como por exemplo a formulación programática paso a paso para producir unha serie de resultados nun programa en informática. Máis especificamente, en matemáticas, constitúe o conxunto de procesos (e símbolos que os representan) para efectuar un cálculo.

A palabra algoritmo ten orixe no alcume Al-Khwarizmi, do matemático persa do século IX, Mohamed ben Musa, cuxas obras foron traducidas no occidente cristián no século XII, recibindo unha delas o nome "Algorithmi de numero indorum", sobre os algoritmos usando o sistema de numeración decimal (indiano). Outros autores, con todo, defenden a orixe da palabra en Al-goreten (raíz - concepto que se pode aplicar aos cálculos).

O concepto de algoritmo é frecuentemente ilustrado co exemplo dunha receita, aínda que moitos algoritmos son máis complexos. Eles poden repetir pasos (facer interaccións) ou necesitar decisións (tales como comparacións ou lóxica) ata que a tarefa sexa completada. Un algoritmo correctamente executado non resolverá un problema se o algoritmo fose incorrecto ou non fose apropiado ao problema.

Un algoritmo non representa, necesariamente, un programa de computador, e si os pasos necesarios para realizar unha tarefa. A súa posta en funcionamento pode ser feita por un computador, por outro tipo de autómata ou mesmo por un ser humano. Diferentes algoritmos poden realizar a mesma tarefa usando un conxunto diferenciado de instrucións en máis ou menos tempo, espazo ou esforzo que outros. Por exemplo, un algoritmo para se vestir pode especificar que vostede vista primeiro as medias e os zapatos antes de vestir o pantalón, en canto outro algoritmo especifica que vostede debe primeiro vestir o pantalón e despois as medias e os zapatos. Fica claro que o primeiro algoritmo é máis difícil de executar que o segundo.

Algoritmos e linguaxes de programación de computadores

Xeralmente, os algoritmos descríbense informalmente nunha linguaxe próxima da lingua natural, máis facilmente comprendida por un ser humano que por un computador. Un algoritmo pode, na maior parte dos casos, ser aplicado en calquera linguaxe de programación.

Other Languages
Afrikaans: Algoritme
Alemannisch: Algorithmus
አማርኛ: አልጎሪዝም
aragonés: Algorismo
العربية: خوارزمية
asturianu: Algoritmu
azərbaycanca: Alqoritm
تۆرکجه: القوریتم
башҡортса: Алгоритм
беларуская: Алгарытм
беларуская (тарашкевіца)‎: Альгарытм
български: Алгоритъм
bosanski: Algoritam
català: Algorisme
کوردی: ئەلگۆریتم
čeština: Algoritmus
Cymraeg: Algorithm
dansk: Algoritme
Deutsch: Algorithmus
Ελληνικά: Αλγόριθμος
English: Algorithm
Esperanto: Algoritmo
español: Algoritmo
eesti: Algoritm
euskara: Algoritmo
فارسی: الگوریتم
suomi: Algoritmi
føroyskt: Algoritma
français: Algorithme
Gaeilge: Algartam
עברית: אלגוריתם
हिन्दी: अल्गोरिद्म
hrvatski: Algoritam
magyar: Algoritmus
Հայերեն: Ալգորիթմ
interlingua: Algorithmo
Bahasa Indonesia: Algoritme
Ilokano: Algoritmo
íslenska: Reiknirit
italiano: Algoritmo
ქართული: ალგორითმი
Qaraqalpaqsha: Algoritm
Gĩkũyũ: Algorithm
қазақша: Алгоритм
한국어: 알고리즘
kurdî: Algorîtma
Кыргызча: Алгоритм
Latina: Algorithmus
Lëtzebuergesch: Algorithmus
Lingua Franca Nova: Algoritmo
lumbaart: Algoritm
lietuvių: Algoritmas
latviešu: Algoritms
олык марий: Алгоритм
македонски: Алгоритам
മലയാളം: അൽഗൊരിതം
монгол: Алгоритм
Bahasa Melayu: Algoritma
Mirandés: Algoritmo
नेपाली: अल्गोरिदम
नेपाल भाषा: अल्गोरिथम
Nederlands: Algoritme
norsk nynorsk: Algoritme
norsk: Algoritme
occitan: Algoritme
Oromoo: Seermurtoo
ਪੰਜਾਬੀ: ਕਲਨ ਵਿਧੀ
polski: Algorytm
پنجابی: الگورتھم
português: Algoritmo
română: Algoritm
русский: Алгоритм
русиньскый: Алґорітм
саха тыла: Алгоритм
sicilianu: Alguritmu
Scots: Algorithm
srpskohrvatski / српскохрватски: Algoritam
Simple English: Algorithm
slovenčina: Algoritmus
slovenščina: Algoritem
shqip: Algoritmi
српски / srpski: Алгоритам
Basa Sunda: Algoritma
svenska: Algoritm
తెలుగు: అల్గారిథం
тоҷикӣ: Алгоритм
Tagalog: Algoritmo
Türkçe: Algoritma
татарча/tatarça: Алгоритм
українська: Алгоритм
oʻzbekcha/ўзбекча: Algoritm
Tiếng Việt: Thuật toán
walon: Algorisse
Winaray: Algoritmo
ייִדיש: אלגאריטם
中文: 算法
Bân-lâm-gú: Ián-sǹg-hoat
粵語: 演算法